O Concello de Salvaterra de Miño en colaboración co Clube de Montaña Airiños e dentro do proxecto “Salvaterra en Marcha” convoca a súa primeira saída á natureza o domingo 27 de Marzo, totalmente de balde.
Salvaterra de Miño conovca a primeira saída natureza para o próximo 27 de marzo na que realizarase unha ruta dentro do municipio. Ten como nome Pola Senda do Miño e viñedos do Condado.
Trátase dunha ruta circular de pequeno percorrido e de dificultade técnica doada que se comezará ás 11 da mañá do domingo 27 de Marzo na Praza do Concello de Salvaterra, finalizando no mesmo lugar sobre as 5 da tarde. Terá un traxecto de 17 km totales, dos cales os 12 primeiros se farán a pé e os últimos 5 km con motorización turística. A organización da actividade, poderá en calquera momento por causas non previsibles, modificar ou anular a ruta. O almorzo farase na propia ruta e cada senderista levará a súa propia comida.
Esta ruta ten por obxectivo promover por unha banda a beleza paisaxística desta senda fluvial Río Miño, unha paisaxe única en todo o Continente pola inmensa cantidade e variedade de bosque que acompaña as súas augas na desembocadura ao mar; promovendo, ao mesmo tempo, a riqueza das grandes plantacións de viñedos de uva Albariño do condado que nos rodean e que simbolizan en gran parte a identidade de Salvaterra dentro e fora das nosas fronteiras.
Se convida a todas as persoas que desexen gozar dunha xornada diferente e camiñar acompañadas. Os requisitos para inscribirse nesta actividade son: estar en boa capacidade física e ter de 14 anos en diante (os menores de idade deberán ir acompañados dun adulto. O Número de participantes está limitado a 45 persoas, tendo preferencia por orde de inscrición.
Para inscribirse, as persoas deberán poñerse en contacto no teléfono 622 887 174 ( vía whatsapp ou sms obrigatorio)