jueves, enero 30, 2025
InicioNewsConcellos +Ponteareas celebra o sábado 1 de febreiro a Gala da Federación Ciclismo...

Ponteareas celebra o sábado 1 de febreiro a Gala da Federación Ciclismo Galego

O Concello de Ponteareas recibirá a festa anual do Ciclismo Galego no Auditorio Reveriano Soutullo ás 18:00 horas. Tamén, asistirán os protagonistas de todas as modalidades de 2024, así como os homenaxeados polas súas traxectorias entregando 16 mencións especiais e máis de 150 galardóns por resultados deportivos.

Todos os detalles da gala foron presentados pola alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, o concelleiro de deportes, Luís Rodríguez, o presidente da Federación Ciclismo Galego, Juan Carlos Muñiz e o seu presidente, Óscar Sánchez. Tamén, se anunciou que a gala será presentada polo presentador e comunicador Terio Carrera.

Federación Ciclismo Galego

A presentación da Gala

Na presentación da gala todo o equipo da Federación Galego de Ciclismo foi recibido por parte do concelleiro de Deportes. Ademais, mostrouse agradecido dicindo que “pensarades en Ponteareas como sede para esta importante gala anual dos premios do 2024. É un pracer que se realice por primeira vez na historia nas nosas instalacións”.

Paralelamente, o presidente da Federación salientou que “acollerá o acto máis importante do ciclismo galego, onde se recoñecen a das Copas tanto a nivel autonómico como estatal, aos equipos, e as dezaseis mencións especiais, unha delas ao Concello de Ponteareas, polo gran traballo que está facendo pola promoción do ciclismo a nivel provincial, autonómico, nacional e internacional porque hai imaxes que dan a volta ao mundo. Estou seguro de que a gala será un éxito e convido a todos os veciños e veciñas a que veñan a desfrutar deste evento e coñecer aos grandes ciclistas».

Do mesmo xeito, a alcaldesa explicou que “o ciclismo forma parte da nosa esencia. Poucas localidades poden presumir de contar con tres gañadores da Vuelta Ciclista a España: os nosos queridos Delio e Emilio Rodríguez Barros e Álvaro Pino. Por iso para nós é tan especial poder acoller esta gala. Ademais, este ano fainos especial ilusión xa que, fai uns días, a Federación anunciou as dezaseis Mencións Especiais que se entregarán na Gala deste sábado e temos a honra de que o noso Concello recibirá unha delas, como recoñecemento polo indispensable apoio institucional ao ciclismo”.

Mencións e Galardóns

Cada ano, a Federación Ciclismo Galego (FCG) homenaxea a ciclistas, clubs, empresas, institucións públicas, eventos e medios de comunicación. Estes reciben unha distinción por feitos importantes para os resultados nas competicións. Este ano galardoarase aos seguintes profesionais, clubs, empresas ou institucións.

O recoñecemento e felicitación polos seus 25 aniversario será para o Club Ciclista Cambre, o Club Ciclista Cidade de Lugo, o Club Ciclista Correcamiños, o Club Ciclista RP3 – Singletracks Outdoor Sports e o Grupo Deportivo Supermercados Froiz.

Lois De Jesús Guisande obterá o recoñecemento e felicitación polo seu paso ao ciclismo profesional.

Tamén, homenaxearán a Samuel Blanco Prol co recoñecemento e felicitación pola súa traxectoria no ciclismo profesional.

A Empresa Cortizo será premiada co recoñecemento como o mellor patrocinador privado e agradecemento polo seu indispensable apoio ó ciclismo.

O Concello de Ponteareas que recibirá o recoñecemento e agradecemento polo seu indispensable apoio institucional ao ciclismo.

Do mesmo xeito, a Xunta de Galicia será premiada co recoñecemento e agradecemento polo seu indispensable apoio institucional no Campionato de Europa de Ciclocrós 2024.

A Deputación de Pontevedra será galardoada co recoñecemento e agradecemento polo seu indispensable apoio institucional no Campionato de Europa de Ciclocrós 2024.

O Concello de Pontevedra recibirá o recoñecemento e agradecemento polo seu indispensable apoio institucional no Campionato de Europa de Ciclocrós 2024.

A Consellería do Mar obterá o recoñecemento e agradecemento polo seu indispensable apoio institucional no Campionato de Europa de Ciclocrós 2024.

O Gran Camiño será homenaxeado co recoñecemento como mellor evento ciclista do 2024 e felicitación a EME Sports pola súa organización.

Radio Pontevedra-Cadena Ser recibirá o recoñecemento e agradecemento polo seu indispensable apoio na difusión do Campionato de Europa de Ciclocrós 2024.

Diario de Pontevedra que recibirá o recoñecemento e agradecemento polo seu indispensable apoio na difusión do Campionato de Europa de Ciclocrós 2024.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS