viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsO PaísStellantis Vigo pecha temporalmente pola crise dos microchips

Stellantis Vigo pecha temporalmente pola crise dos microchips

Stellantis Vigo pechará temporalmente todos os seus sistemas de produción polo menos ata o 14 de marzo. A causa é de novo a crise mundial de compoñentes necesarios na fabricación dos vehículos causada pola pandemia e que se agrava pola guerra en Ucraína.

A planta de Stellantis Vigo parará finalmente todo a súa produción a partir da semana que vén e non volverá abrir, previsiblemente, até o día 14 . Así o confirmaron desde CC.OO.
A Dirección da planta comunicaba esta semana aos sindicatos que a falla de compoñentes atrasaría o inicio da quenda de fin de semana no Sistema 2 que estaba previsto para o próximo 9 abril pendente da estabilización da subministración de compoñentes.

A falta de microchips pero tamén as dificultades para abastecerse de determinados produtos debido á invasión de Ucraína están detrás destes graves problemas.

Esta situación afecta a todas as plantas do grupo Stellantis e tamén doutros fabricantes de automóbiles. 

Causa inestabilidade produtiva e de reorganización constante dos calendarios laborais, que ademáis dos resultados da factoría afecta aos traballadores cheos de incertezas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS