domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísFeijóo se presenta a liderar o PP pero non se irá "nun...

Feijóo se presenta a liderar o PP pero non se irá «nun mes»

Tiña pensado anuncialo este mércores pola tarde, pero coas súas declaracións esta mañá xa deixou entrever a súa decisión. Será candidato no XX Congreso do PP para aspirar a liderar o seu partido a nivel nacional pero non deixará de ser presidente de Galicia de inmediato, non en polo menos un mes.

 Alberto Núñez Feijóo:

O presidente galego recoñeceu que a decisión que tomou foi “precipitada pero meditada” sobre liderar o PP.

Levaba anos pensando nesta posibilidade pero foi precipitada polos recentes acontecementos no seo do seu partido.

Con todo a súa marcha non será inmedita, non «nun mes».

Feijóo considera compatible ser presidente de Galicia e dun partido político.

As súas declaracións de confirmación, case involuntaria, rexistráronse nun coloquio no Museo Santiago Rey Fernández-Latorre.

A reunión coa Xunta Directiva do PPdeG teráa esta tarde ás 17.30 horas e posteriormente comparecerá para anunciar unha decisión que supón «unha combinación de meditación e precipitación, aínda que pareza contraditorio».

«É unha decisión que nunca pensei que ía ter que tomar», dixo o presidente da Xunta, que xustificou que os acontecementos das dúas últimas semanas obrigárono a tomar unha decisión que «nin foi buscada nin ambicionada».

A intención de Feijóo este mes e o vindeiro é  «proseguir coa planificación» de goberno.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS