domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísSobe o paro en Galicia en febreiro mentres baixa no Estado

Sobe o paro en Galicia en febreiro mentres baixa no Estado

O número de parados en Galicia aumentou en 577 persoas en febreiro (+0,37%). Agora hai 154.509 desempregadas galegas e galegos, segundo os datos que publica este mércores o Ministerio de Traballo e Economía Social.

Este incremento contrasta coa caída media do paro do 0,36% rexistrado no conxunto do Estado, onde baixou en 11.394 desempregados en febreiro, o seu mellor dato neste mes desde 2015, cando o paro descendeu en 13.538 persoas.

Na comparativa interanual, o desemprego descende en Galicia en 30.719 persoas (-16,58%). Neste caso a diminución é menor que a media do conxunto do país (-22,38%), onde a rebaixa é de 897.105 persoas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS