viernes, enero 24, 2025
InicioNewsActualidadeTui inicia en FITUR a promoción da conmemoración do 800 aniversario da Catedral 

Tui inicia en FITUR a promoción da conmemoración do 800 aniversario da Catedral 

O Concello de Tui está presente en FITUR, a Feira Internacional de Turismo, para promocionar turisticamente o municipio e buscar novas alianzas. Aos grandes atractivos turísticos que ten o municipio súmase a conmemoración do 800 aniversario da Catedral.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Turismo, Ana Núñez desprazaronse a Madrid para participar en FITUR nas presentacións das novas campañas de promoción nas que participa o municipio. Ademais,  teñen axendados distintos encontros para reunirse con operadores interesados en Tui.

Deste xeito, veñen de manter con Cesáreo Pardal, presidente do Clúster de Turismo de Galicia,  un primero contacto para estudar vías de colaboración de cara á celebración do oitavo centenario da Catedral de Tui.

Previamente, reuníronse con Turismo Porto e Norte para abordar  un proxecto vinculado co patrimonio xudeu entre Galicia e Portugal.

Por outra parte, o alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Turismo, Ana Núñez, participaron na presentación da campaña “Para Lembrar” do Xeodestino Galicia Suroeste. O pórtico da Catedral é un deses elementos para lembrar, aseguraron. Tamén asistiron á presentación da campaña “Cando volves” da Deputación de Pontevedra, onde o río Miño e a silueta do conxunto histórico, presidida pola Catedral forma parte do video promocional.

En FITUR tiveron tamén a oportunidade de saudar aos representantes de distintas empresas tudenses vinculadas ao turismo que acudiron tamén a esta cita internacional.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou está tarde que esta é unha oportunidade única, xa que en FITUR “se reúnen todos os operadores a nivel privado e a nivel institucional para poder visibilizar e viablizar aqueles proxectos nos que estamos traballando neste momento a nivel de promoción turística”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS