viernes, enero 24, 2025
InicioNewsO PaísA Xunta prevé rematar en marzo as obras de acondicionamento do treito...

A Xunta prevé rematar en marzo as obras de acondicionamento do treito da antiga N-551, en Tui

A Xunta prevé rematar en marzo as obras que está a executar nun treito da antiga N-551 en Tui, que teñen como obxectivo realizar adaptacións do viario á nova configuración da circulación tras a execución da conexión da autovía Tui-A Guarda coa A-55 e o polígono de  Areas, en funcionamento desde o pasado ano. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto ao director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, supervisou hoxe estas obras, nas que a Administración autonómica inviste 1M€.

En concreto, a actuación céntrase nun treito de 600 metros da N-551 dirixidos a mellorar a mobilidade sostible e a seguridade. Entre outras intervencións, elimínase o carril central ao antigo acceso á A-55, que quedou sen uso, habilítanse zonas accesibles de circulación peonil, mellórase o firme e as redes de servizos e habilítanse dúas paradas de autobús, unha en cada marxe da estrada.

Ademais, tamén se intervén en viarios municipais do polígono de Areas e da súa contorna que resultaron afectados pola execución das obras da autovía, nos que se executan melloras nos pavimentos e nos servizos, entre outras actuacións. Por outra banda, na A-55 se renova un treito de firme e instálanse pantallas acústicas adicionais.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas indicou que xa está acordado co Ministerio o cambio de titularidade desta estrada á Administración autonómica, o que permite xa executar esta actuación, “que sabiamos que era unha demanda dos veciños e empresarios do polígono”.

Na actualidade, indicou que os traballos están executados en máis dun 90%. “É unha obra que non só reverte na seguridade viaria e na mellora da estrada -sinalou-, senón tamén na mellora da mobilidade peonil, xa que permitiu dotar de beirarrúas as dúas marxes da estrada”

Apuntou que a Axencia Galega de Infraestruturas ten consignados nos orzamentos deste 2025 un total de 265M€ que permitirán incrementar os quilómetros das vías de alta capacidade como é o caso da de Tui-A Guarda, libres de peaxe, así como manter a rede autonómica de estradas nas mellores condicións.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS