lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasO CondadoA Xunta adxudica a explotación de autobuses de Ponteareas

A Xunta adxudica a explotación de autobuses de Ponteareas

A administración autonómica adxudicouna xunto a de Cambados, Cangas e Vigo para os viendeiros 5 anos por un valor de máis de 2,4 millóns de euros.

A Xunta de Galicia anuncia que, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, vén de adxudicar a explotación das estacións de autobuses de Cambados, Cangas, Ponteareas e Vigo á Unión Temporal de Empresas Mantenimientos y Servicos de Galicia S.L. y Transportes La Unión, S.A.

O Concello de Ponteareas estaba pendente de que a Xunta de Galicia aceptara as condicións que lle pedía a administración local sobre o cofinanciamento para reformar a Estación de Autobuses de Ponteareas. E é que o Concello pretende abonar os máis de 200.000 euros do convenio en 20 anualidades. Unha cuestión que continúa en estado de «pendente» porque o que adxudica a Xunta agora é a explotación das dársenas, da planta de abaixo da infraestrucutra, segundo explican dende o goberno local, polo que non afecta ás dependencias nin aos locais de uso municipal. Nun deses espazos ten a súa sede a principal asociación de soporte social de Ponteareas, Ponte Solidario.

Desta forma, a empresa que agora ten a explotación destas catro estacions de autobuses, entre as que se atopa a da vila do Corpus, encargarase da limpeza ou de outros servizos como pode ser o asesoramento a viaxeiros, que era esta última unha das condicións que pedía a Xunta ao Concello cando pretendía que a administración local asumira as competencias.

Diante do anuncio da Xunta, o goberno pontearean afirma que «é unha boa nova» xa que, segundo apuntan, deixa de facerse cargo dun servizo que considera ruinoso para as arcas municipais.

Escoita aquí a peza do informativo local e comarcal no que contamos a nova:

 

Así,  Unión Temporal de Empresas Mantenimientos y Servicos de Galicia S.L. y Transportes La Unión, S.A. ten a adxudicación das estacións para os vindeiros 5 anos por un valor estimado de máis de 2,4 millóns de euros (sen IVE). 

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS