jueves, enero 23, 2025
InicioNewsConcellos +A 3ª San Silvestre Solidaria recadou 4.365€ a beneficio da Asociación Española...

A 3ª San Silvestre Solidaria recadou 4.365€ a beneficio da Asociación Española contra o Cancro

1.900 participantes e unha recadación de 4.365 € a favor da Asociación Española contra o Cancro son dúas das cifras a III San Silvestre Solidaria Tudense celebrada o pasado 31 de decembro. Nesta edición bateuse récord de participación con esas case 2 mil persoas que celebraron de maneira anticipada o fin do ano, percorrendo as rúas de Tui.

A organización correu a cargo do Club Atletismo Tui e o Concello de Tui, coa colaboración da Policía Local e Protección Civil de Tui, da Radio Municipal de Tui e o apoio económico de varias empresas tudenses.

Trala carreira, a organización tiña preparado un chocolate quente con churros e, ás 12.00 horas, tomáronse as uvas, celebrando, de xeito adiantado, o fin do ano.

O Concello de Tui quixo agradecer a excelente organización do Club Atletismo Tui e a implicación dos seus deportistas, que xunto co persoal do departamento de obras, os membros da policía local de Tui e os voluntarios de protección civil de Tui, fixeron posible que a proba se desenvolvera da maneira máis segura para os participantes.

Agradecer tamén a colaboración das empresas privadas, dado que sen a súa colaboración económica, non podería realizarse calquera dos eventos que se realizan no concello.

O Concello de Tui agradeceu a participación de todas as persoas no evento, e a súa aportación económica á AECC, dado que con esta cantidade, a asociación pode seguir ofrecendo servizos gratuítos aos pacientes oncolóxicos e aos seus familiares en Tui e no Baixo Miño.

No ano 2024, a AECC realizou un total de 1.029 intervencións no Baixo Miño, só en Tui foron 495, sendo as restantes entre Tomiño, Oia, A Guarda e o Rosal. Esas intervencións divídense en atencións psicolóxicas, atencións sociais e de préstamo de material ortoprotésico, logopedia, fisioterapia e exercicio físico oncolóxico e, por último, acompañamento de voluntariado en hospitais.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS