jueves, enero 23, 2025
InicioNewsComarcasO empresariado de Mos advirte: "Co novo deseño da A52, desaparecerían nove...

O empresariado de Mos advirte: «Co novo deseño da A52, desaparecerían nove empresas de Sanguiñeda»

A Asociación de Empresarios de Mos anunciou a presentación dunha «rigurosa alegación contra o deseño da futura autovía Vigo-O Porriño A-52». Segundo explican nun comunicado, “se trata dunha infraestrutura que, tal e como está proxectada, derivará indefectiblemente no illamento do tecido industrial deste municipio”.

A xunta directiva de Aemos, reunida para concretar a resposta da entidade ao novo proxecto, lembrou que «a mellora das conexións viarias aos distintos parques empresariais de Mos supón unha reivindicación histórica da asociación» e “unha demanda que agora quedaría completamente anulada”.

Explican que «o trazado suporía non só o descarte definitivo da mellora dos accesos a varios polígonos, como os de A Veigadaña ou Cebral (este último pendente de desenvolvemento), senón que implicaría un importante incremento dos custos loxísticos das empresas do concello e complicaría moito o movemento de traballadores».

Aemos lembra que a maior parte das compañías que operan no municipio teñen en realidade uns vínculos «tremendamente estreitos con Vigo«, cun volume enorme de empregados que se desprazan diariamente desde esta cidade ata Mos. De feito, o eixe Mos-O Porriño está considerado «o pulmón industrial vigués e a localización máis atractiva e desexada pola industria viguesa para a súa expansión».

A directiva de Aemos sostén que “obviamente estamos completamente a favor de que Vigo teña unha mellor saída directa cara á Meseta, pero iso non pode levarse a cabo á costa de condicionar o futuro das nosas industrias”. Ademais da mellora dos accesos aos polígonos, os empresarios defenden como opción preferente a gratuidade do tramo da AP-9 entre Puxeiros e O Porriño.

Os empresarios de Mos insisten en que co actual deseño da futura A-52, o tráfico pesado «seguiría ademais condenado a continuar utilizando a complexa, sinuosa e perigosa A-55, sen contar co feito de que habería naves industriais ás que o novo trazado afectaría directamente». Neste sentido, Aemos advertiu que «ten constancia de que, polo menos, 9 empresas con unha plantilla total de 250 traballadores situadas en Sanguiñeda desaparecerían inexorablemente da zona».

Postura do Concello de Mos

A postura da Asociación de Empresarios de Mos coincide coas reclamacións do Concello, liderado pola popular Nidia Arévalo. A alcaldesa mantivo diferentes encontros cos veciños e as veciñas das parroquias afectadas, como é o caso de Sanguiñeda ou Pereiras, co obxectivo de amosar este proxecto do Ministerio. Coincide, polo tanto, en pedir a gratuidade da AP9 como a alternativa a ese novo trazado do Goberno central.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS