domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasLouriñaMos xa ten cartel do 8 de marzo

Mos xa ten cartel do 8 de marzo

Entre as propostas presentadas, resultou elixida a de Sabela Rodríguez, que será a imaxe oficial da programación municipal

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, e a edil de Educación, Julia Loureiro, presentaron no IES de Mos acompañados polo director do centro, membros da directiva da ANPA, profesorado e alumnado de segundo curso de Bacharelato de Artes, e a xurídica do Centro de Información á Muller, CIM, de Mos, Ana Rodríguez Cabaleiro, a programación municipal conmemorativa do 8M, Día Internacional da Muller.
mos cartel 8 m 2022Ademais da programación, fíxose a presentación do cartel oficial do Concello de Mos para o 8M deste ano, en cuxo deseño participaron os devanditos alumnos/as. Un total de 7 rapaces e rapazas elaboraron as súas propostas creativas para o cartel. Foron Paula Alonso, Jimena Amor, Martín Bras, Susana Carrera, Nerea Pérez, Ángela Silva e Sabela Rodríguez, que foi a elixida coa súa obra para o cartel institucional da administración local. A elección do cartel gañador foi realizada polo equipo técnico de traballadoras do CIM, en base a criterios de maior representatividade de valores igualitarios.
As representantes municipais, Arévalo, Cebreiro e Loureiro, agradeceron enormemente a “enorme implicación que a comunidade educativa do IES de Mos demostra sempre en iniciativas relacionadas co fomento da igualdade real entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia de xénero, así como a sempre voluntariosa colaboración do alumnado e profesorado do Bacharelato de Artes en proxectos de deseño relacionados con eventos municipais, e a man tendida da ANPA, sempre tendendo lazos e facendo de fío condutor entre administración local e centro educativo”. Ademais o alumnado do Instituto mosense ten constituído o Grupo de Igualdade do IES de Mos, que se reúne durante os recreos para traballar en diferentes propostas e iniciativas nesta materia.
Desde fai uns anos vén sendo habitual a colaboración dos alumnos e alumnas do Bacharelato de Artes en deseños para promocionar iniciativas e actividades municipais, así, foron os autores da mascarilla oficial conmemorativa das etapas de La Vuelta en Mos dos anos 2020 e 2021, fixeron propostas para o pasado 25N, Día Internacional pola Eliminación da Violencia de Xénero, para o Samaín … etc.

Programa 8M 2020
O programa de actividades conmemorativas inclúe as seguintes iniciativas:

  • 5 de marzo. Concerto das Girl’s Gang 1º pase.
  • 6 de marzo. Actuación do Grupo de Teatro Mulleres en Igualdade (en Guizán-novo auditorio) 18:00 h.
  • 8 de marzo. Homenaxe ás primeiras mulleres da industria mosense.
  • 9 de marzo. Encontro interxeracional de mulleres mosenses cos xoves do IES de Mos.
  • 11 de marzo. Taller de solo pélvico.
  • 11 de marzo. Monólogo “Ler o prospecto antes de….” no C.C. Abrente 21:00 h.
  • 12 de marzo. Monólogo “Ler o prospecto antes de….” no Centro Cultural de Herville 21:00 h.
  • 13 de marzo. Concerto das Girl’s Gang 2º pase.
  • 17 de marzo. Presentación do Plan de Igualdade do Concello de Mos.
  • 24, 25, 31 de marzo e 1 de abril. Xornadas de intervención contra a violencia de xénero.

As “I Xornadas de Intervención e tratamento contra a violencia” serán impartidas por técnicos (xuízas, mestras, psicólogas, avogadas… entre elas Mariña Marroquí, que é escritora e educadora social) e, entre outras, Concepción Cendón, psicóloga forense, Asunción Lois, avogada responsable da quenda de oficio de vítimas de violencia do Colexio de Avogados de Vigo, etc.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS