Xosé Manuel Piñeiro falece en Santiago de Compostela aos 68 anos. Nado en Allariz (Ourense) en 1957, licenciouse en Filosofía e Ciencias da Educación e posteriormente, converteuse nos anos 1990 nun dos rostros máis coñecidas da televisión pública galega.
O seu maior éxito foi o programa Supermartes, que conduciu durante máis dunha década, entre 1992 e 2005. Aínda que tamén guiou programas coma Tequelexou, Téquele, téquele ou Acompáñenos, entre outros. Ademais de presentar e numerosas galas e especiais na mesma canle autonómica. Dende 2011 presentaba o programa Bamboleo.
No 2018, diagnostícanlle un cancro tendo que retirarse da televisión. Dous anos despois, no 2020, galardoárono ca Medalla Castelao que entrega a Xunta de Galicia anualmente.