sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasO CondadoSalvaterra recibe a campioa de España de tiro con arco, Mónica Ledo

Salvaterra recibe a campioa de España de tiro con arco, Mónica Ledo

A administración local recibe a visita da deportista Mónica Ledo, que vén de proclamarse campioa de España de tiro con arco na modalidade de Longbow.

A deportista, veciña da parroquia de Alxén dende hai un par de anos, é a recente campioa nacional de tiro con arco en sala (18 metros) na modalidade de arco tradicional.

Ainda que leva ao redor de 7 anos no mundo do arco, Mónica Ledo xa posúe un palmarés envexable, acadando varios logros de importante valor competitivo, no que destaca un bronce individual femenino no Campionato de España en Sala 2018, un 5º POSTO no ano 2020 e por suposto o recente ouro que nos amosa con moito orgullo.Ademais, esta campiona tamén compite en modalidade de Aire Libre (30 metros), obtendo unha valiosa medalla de prata en individual e un ouro por equipos mixtos.

Sen dúbida, «estamos diante dunha muller con moita puntería nunha especialidade moi complexa, xa que na modalidade de LONGBOW», apunta a deportista, “os arcos son tradicionais, sen poleas, sen estabilizadores, sen visor, onde o equilibrio e a precisión corren a cargo da arqueira, sendo a intuición  a ferramenta estrela en cada flecha”,  coa Alcaldesa e co Concelleiro de Deportes, as diferencias que se poden atopar con outras modalidades no tiro con arco.

«Dende O Concello queremos dar os nosos parabéns a Mónica, que se suma a un amplo número de deportistas locais de alto rendemento de los que nos sentimos moi orgullosos, e que nos anima a seguir apostando polo deporte de Salvaterra», aseverou.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS