miércoles, enero 22, 2025
InicioNewsActualidadeSalvaterra estreará a quinta edición do Ciclo de Cine de Inverno coa...

Salvaterra estreará a quinta edición do Ciclo de Cine de Inverno coa proxección de ‘As Neves’

O Concello de Salvaterra vén de presentar a quinta edición do Ciclo de Cine de Inverno que se celebrará durante o vindeiro mes de febreiro.

Ao igual que nas anteriores edicións, a entrada é totalmente gratuíta e durante o ciclo inclúese a proxección de películas de estrea, alternando filmes destinados a un público adulto e infantil.

A quenda para os adultos serán os sábados ás 22:00h mentres que os domingos ás 17:30h as películas estarán destinadas a un público familiar. O ciclo dará comezo o vindeiro sábado e domingo, 1 e 2 de febreiro coas proxeccións de ‘As Neves’ e ‘La Patrulla Canina: La Superpelícula’, respectivamente.

Dende o goberno local aseguran que «o obxectivo é que os veciños e veciñas poidan gozar durante este mes dunha alternativa de ocio cinematográfico nas noites do sábado e das tardes do domingo».

Programación completa no seguinte cartel:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS