sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasLouriñaValeria, Rubén e Saray lerán o pregón do entroido porriñés

Valeria, Rubén e Saray lerán o pregón do entroido porriñés

Serán cinco días de diversión coa infancia como protagonista e no que volve o tradicional Xogo da Ola.

Na vila do Louro xa está todo listo para desfrutar do Entroido. O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e os concelleiros de Cultura e Educación, Bienvenido Estévez e Carolina González, presentaron o programa de actos deseñado polo Concello, no que os nenos e nenas xogarán un papel protagonista.

A inauguración da exposición cos preto de 200 debuxos do alumnado que participou no concurso escolar de carteis do Entroido foi o escenario elixido para anunciar a programación. Nun acto ao que acudiron os gañadores do concurso e as súas familias, así como representantes de todos os centros escolares, entregáronse os agasallos aos premiados e presentouse oficialmente o cartel das festas.

Valeria Lage, Rubén Rodríguez e Saray Rodríguez (primeiro, segundo e terceiro posto respectivamente) serán os encargados de dar o pistoletazo de saída o sábado 26 coa lectura do pregón. As dúas nenas que conseguiron o accésit acompañaranos no balcón da casa consistorial en tan sinalado momento.

Lorenzo confesou a súa emoción “ao ver as caras de ilusión dos pequenos e pequenas” algo polo que asegurou “merece a pena ser alcalde”. Tal e como indicou o rexedor para el “unha das metas marcadas é facer do Porriño un referente cultural e unha cidade dos e para os nenos e nenas, na que teñan moito que dicir xa que serán eles quen a vivan e dirixan nuns anos”.

A mostra cos deseños dos escolares pode visitarse no centro cultural municipal.

Programación

A programación arranca o sábado 26, ás 12.00 horas, coa lectura do pregón desde o balcón da casa consistorial. The Turre´s Band, Batucada Percusión Latexo, Charanga Anchoa, Charanga Fanfarria Furruxa e a Charanga Vai de Baile animarán as rúas do Porriño acompañados polos xigantes e cabezudos. Pola mañá, celebrarase un showcooking en colaboración con AHOSPOR na praza de abastos. Xa pola tarde, ás 16.00 horas, disputarase o 78º Xogo da Ola, amenizado pola Fanfarria Furruxa, e ás 18.00 horas o I Desfile Conxunto de Comparsas de Entroido.

O domingo 27 de febreiro, ás 17.00 horas festa infantil na praza do concello e inchables na Praza do Cristo, Avenida de Galicia e O Pinar.

O luns 28 terá lugar un obradoiro infantil impartido pola Asociación O Porriño Arte, de 10.00 a 13.00 horas.
O martes día 1 de marzo, ás 18.00 horas, de novo desfile de comparsa de entroido.

E o broche de ouro será o mércores 2, cando terá lugar o Enterro da Sardiña co seu tradicional velorio e lectura de testamento

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS