lunes, enero 20, 2025
InicioNewsActualidadeA vivenda ocupa o primeiro lugar das licenzas urbanísticas en Mos

A vivenda ocupa o primeiro lugar das licenzas urbanísticas en Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto co concelleiro de Urbanismo de Mos, José Ramilo Hermida veñen de reunirse co fin de facer balance das licenzas tramitadas e concedidas polo departamento municipal durante o ano 2024.

Tras a xuntanza, edil e alcaldesa, informaron da progresión ascendente do número de total de asuntos de Xunta de Goberno Local de Urbanismo e Medio Ambiente, que foron un total de 666 os tramitados en 2024.

Do mesmo xeito, destacaron que o crecemento máis significativo está na tipoloxía de «obra maior«, pasando de 144 en 2023 a 156 en 2024. Entre as licenzas de obra maior destacan a construción de vivenda, que pasou de 23 en 2023 a 41 en 2024, así como a reforma de vivenda, que pasou de 1 lizenda en 2023 a 5 durante o ano 2024.

Así mesmo, tamén incrementaron significativamente os números de licenzas para nave industrial, muro de contención e piscina.

No que respecta ás comunicacións previas de obra menor, o crecemento maior de licenzas produciuse en actuacións relativas ás vivendas. Sendo así, aumentaron as licenzas para muro de peche, galpón e canalización de gas. Tamén suben os permisos concedidos para vados, pasando de 8 en 2023 a 10 en 2024.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, afirma que «tras a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal en 2017, o balance urbanístico anual do Concello de Mos reflicte unha evolución moi positiva».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS