domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasLouriñaIníciase o estudo topográfico para a senda que completará a mellora da...

Iníciase o estudo topográfico para a senda que completará a mellora da estrada Tameiga-Pereiras

Terá como paso previo a remodelación da contorna da Capela de San Eleuterio.

O tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto; o edil de Urbanismo, José Areal e o arquitecto municipal, Ramón Vega, reuníronse esta mañá no lugar da Pedraucha, parroquia de Tameiga, con responsables da empresa que nos vindeiros días vai iniciar o estudo topográfico para a nova senda peonil da Estrada Tameiga-Pereiras e que terá como paso previo a remodelación da contorna da Capela de San Eleuterio.
Estanse a iniciar as conversas cos veciños da zona de cara a poder acometer a devandita senda da que inmediatamente se realizará o estudo topográfico. A primeira das xuntanzas coa veciñanza para explicarlles o proxecto realizábase o pasado 1 de decembro no Multiusos das Pozas.
Por outra banda, o Concello de Mos xa ten rematado o proxecto de remodelación da contorna da Capela de San Eleuterio en Tameiga, previo ao inicio da senda, co que se transformará totalmente esta zona.
A obra na contorna da Capela de San Eleuterio é o paso previo á mellora da Estrada Tameiga-Pereiras, onde se acometerá esta senda peonil.
Para a acometida da devandita senda a administración local mosense atópase actualmente no punto anterior ao inicio do procedemento, consistente no comezo das conversas cos veciños da zona, antes de empezar a redacción do proxecto.
En breve comezará a realizarse o estudo topográfico, para o que xa hai unha empresa adxudicada para realizar este traballo de medición pormenorizada e así poder, a continuación, indicarlles en detalle aos veciños o trazado exacto da nova senda e o seu deseño definitivo.

Contorna da Capela de San Eleuterio
Pola súa banda o proxecto de transformación da contorna da Capela de San Eleuterio, converterá a zona nun espazo público de calidade, con nova pavimentación e dotación de vexetación, arboredo, iluminación e instalacións urbanas, establecendo prioridade peonil na totalidade do ámbito, de 4.800 m2 de superficie, mellorando as condicións de accesibilidade e poñendo en valor os elementos catalogados. Unha mellora que beneficiará á zona da Capela e o cruceiro de San Eleuterio.
Proponse a plataforma única como solución idónea de convivencia entre o peón e o vehículo, desdibuxando os límites entre a zona peonil e a zona de rodadura, permitindo que os viandantes poidan apropiarse desta zona de tránsito motorizado, que se establece no perímetro Sur e Este de o ámbito, no camiño Laxiñas e a estrada Tameiga-Pereiras. Este vial perimetral proxéctase con pavimento de formigón puído con xuntas abertas entreveradas en céspede, marcando sutilmente a zona de rodadura mediante xuntas de retracción, plantación de pradairos vermellos e farois de iluminación dobre

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS