lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsO PaísA área de Vigo deixa de ser a de máis casos COVID...

A área de Vigo deixa de ser a de máis casos COVID de Galicia

A área sanitaria da Coruña é a que  máis casos activos de coronavirus ten actualmente. Todas as áreas diminuiron os seus positivos na última xornada e a de Vigo qeudou con 7.872 casos, mentres que a da Coruña suma 7.952 positivos.

 Os casos activos continúan en descenso e achéganse aos 36.000 en Galicia. En total, hai 36.105 persoas con coronavirus no País.

En cambio, aumentaron os contaxios diarios ao pasaren dos 2.000; rexistrándose 2.299 nas últimas 24 horas.

Por áreas:

A Coruña: 7.952 (-532)

Vigo: 7.872 (-777)

Ourense: 3.844 (-191)

Santiago: 6.307 (-515)

Lugo: 3.817 (-227)

Pontevedra: 4.063 (-257)

Ferrol: 1.843 (-67)

Nos hospitais, o número de ingresados cae tanto nas UCI (-2) como en planta (-8). En total, hai 653 persoas ingresadas, 611 e 42 respectivamente.

Continúan falecendo persoas diagnosticadas de COVID-19, o Sergas notificou trece decesos por mor da covid, que alzan a cifra a 3.051 falecementos desde o inicio da pandemia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS