viernes, enero 17, 2025
InicioNewsActualidadeActividades para desfrutar en familia desta fin de semana nas comarcas

Actividades para desfrutar en familia desta fin de semana nas comarcas

Venres 17 de xaneiro

O Rosal acollerá a charla sobre patrimonio «Nomes de Lugar do Concello do Rosal«.

A conferencia terá lugar no Centro Social Polivalente ás 20:00h.

Sábado 18 de xaneiro

As Neves contará coa presentación ‘Miñoca Tour 2025‘ do escritor e ilustrador, Ramón Veiga.

O evento terá lugar ás 12:00h na Biblioteca Pública Municipal.

Tui e Tomiño acollerá a 44ª Regata Miño Internacional.

As saídas están previstas dende Tomiño ás 11:50h.

Tamén en Tui, terá lugar a X Mostra da Camelia durante a tarde do sábado e a xornada do domingo.

A exposición poderá visitarse no Claustro da Catedral de Santa María de Tui.

A parroquia de Parderrubias, en Salceda de Caselas, celebra esta fin de semana as festas na honra de San Amaro.

A verbena contará coa orquesta Panamá Band, a Disco Móvil «A Gramola» e o Trío 3.com entre outros.

Tamén en Salceda, a Banda Cultural de Salceda presentará o seu show «A Cultural Veterana».

O evento terá lugar no Auditorio Municipal con dúas sesións, unha ás 19:00h e outra ás 21:00h.

Domingo 19 de xaneiro

O Concello de Nigrán acollerá o espectáculo «Emovere» da compañía de danza Combai da Fundación Igual Arte.

O evento será no Auditorio Municipal ás 19:00h. A entrada é de balde.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS