Galicia rexistra este luns unha baixada moi significativa de casos activos, con -3.571 positivos. Na última semana reduciu 15.000 positivos de COVID-19. A cifra actual é de 38.640 casos activos. Os contaxios diarios tamén se reduciron a 1.600.
Por áreas sanitarias:
A Coruña: 8.484 (-637)
Vigo: 11.743 (-1.057)
Ourense: 4.035 (-197)
Santiago: 6.822 (-842)
Lugo: 4.044 (-371)
Pontevedra: 4.320 (-310)
Ferrol: 1.910 (-175)
Nos hospitais aumenta o número de ingresados con coronavirus: Hai 23 máis que un día antes. Son un total de 663 persoas ingresadas, 619 e 44 respectivamente.
A maiores, o Sergas notificou o deceso de tres persoas que tiñan o virus, alzando a cifra a 3.038 falecementos desde o inicio da pandemia.