jueves, enero 16, 2025
InicioNewsActualidadeA Deputación mellorará a sinalización vertical na EP-2703 Pazos de Borbén-Ponteareas

A Deputación mellorará a sinalización vertical na EP-2703 Pazos de Borbén-Ponteareas

A Deputación de Pontevedra mellorará a sinalización vertical na estrada provincial EP-2703 Pazos de Borbén-Ponteareas. Deste xeito, a institución provincial vai destinar preto de 50.000 euros a esta actuación que permitirá mellorar e garantir a seguridade viaria nesta vía no marco do obxectivo do goberno de Luis López de manter en óptimo estado a rede de estradas provinciais.

A estrada provincial EP-2703 Pazos de Borbén-Ponteareas conta cunha lonxitude total de preto de 15 quilómetros. A través desta actuación, mellorarase a sinalización vertical ao longo de toda a estrada, a fin de salvagardar a debida prestación do servizo público viario.

En total colocaranse un total de 188 elementos e retiraranse as 166 sinais existentes. Entre as novas sinais destacan 92 triangulares, 60 circulares, 16 rectangulares direccionais, 10 cadradas, 5 rectangulares complementarias, 3 espellos convexos e 1 sinal octogonal.

Trala adxudicación do contrato de mellora da sinalización vertical na estrada provincial EP-2703 Pazos de Bobén-Ponteareas está previsto que a actuación estea rematada nun prazo aproximado de tres meses.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS