lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasLouriñaNon haberá verbenas no entroido da Feira e Castro Barreiro

Non haberá verbenas no entroido da Feira e Castro Barreiro

Os barrios da Feira e do Castro Barreiro, en Salceda de Caselas, veñen de decidilo de forma conxunta como prevención ante a situación sanitaria, adaptándose así á realidade da COVID-19

Nun ano de transición no que volven moitos dos actos tradicionais e singulares desta celebración, os colectivos protagonistas do Entroido salcedense coinciden en priorizar a seguridade e evitar posibles aglomeracións nos torreiros nas noites do luns e do martes de Entroido, nun exercicio de responsabilidade colectiva, ante a dificultade de poder cumprir as medidas adoptadas pola Xunta de Galicia no protocolo específico para a celebración do Entroido.
Esta decisión foi tomada nunha das xuntanzas realizadas entre os dous barrios e o Concello de Salceda de Caselas, a través do Concelleiro de Cultura, na que decidiron adaptar as celebracións á realidade da pandemia. Entre as decisións tomadas está a de retomar o desfile das comparsas, cancelado no pasado ano, e o resto de actos do Entroido máis importante da zona, e un dos máis antigos de Galicia. Pola parte municipal, decidiuse tamén suspender a tradicional verbena do domingo na Praza do Concello

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS