miércoles, enero 15, 2025
InicioConcellos +As NevesAs Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do Pazo, en...

As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do Pazo, en Tortoreos 

O Concello das Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade de incrementar a seguridade e a accesibilidade para veciñas, veciños e visitantes. 

Esta actuación inclúe a reparación da cuneta existente, mediante a construción dun  muro de contención para estabilizar o terreo e evitar desprendementos. Ademais,  recuperarase a parte deteriorada do camiño e instalarase unha barreira de seguridade para garantir unha maior protección para peóns e vehículos. 

“O noso compromiso coas infraestruturas é claro: queremos un Concello máis seguro e  accesible para todas e todos, sempre respectando o noso entorno natural”, destacou o  goberno municipal. 

O proxecto, que se enmarca na liña de mellora continua das infraestruturas locais, busca  mellorar a calidade de vida da cidadanía e fomentar un entorno máis seguro e sostible.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS