A máscara xa non é obrigatoria ao aire libre pola norma estatal aprobado o martes no Consello de Ministros. Por iso a Xunta non pode obrigar a nenas e nenos a seguir usándoa no patio no colexio. Aínda que a recomenda todavía, deixa a elección dos pais o que fagan os seus fillos.
O presidente da Xunta:
Pásase da obrigatoriedade á recomendación. A Xunta de Galicia non obriga ao alumnado maior de 6 anos a levar a máscara posta no recreo, ao aire libre, pero recomenda que si o faga. A decisión depende dos pais aos que recomenda que sigan dicíndolle aos seus fillos que a utilicen no patio da escola.
Nos recreos os cativos comen e beben en moitos casos e ademais xogan xuntos, con contacto físico incluído.
Por iso, alomenos, ata que teñan as dúas doses da vacina postas, a recomendación e petición da Xunta é que o alumnado continúe coa máscara tamén ao aire libre para conter os contaxios.
Os expertos do subcomité clínico -reunidos este mércores, lembran que acaba de iniciarse a administración da segunda dose da vacina da COVID-19 -con oito semanas entre ambas as doses, fronte aos 21 días que se aplicou aos adultos. Polo tanto, sostén que «ata que os nenos teñan a pauta completa, o recomendable é seguir coa máscara onde haxa un elevado número de persoas que compartan un mesmo espazo exterior».