miércoles, enero 15, 2025
InicioNewsA terraGalicia Suroeste presenta a súa nova imaxe de marca en FITUR coa...

Galicia Suroeste presenta a súa nova imaxe de marca en FITUR coa campaña «Para lembrar”

Galicia Suroeste presentará o seu destino e a nova marca turística na Feira Internacional de Turismo de Madrid, FITUR, a través da campaña “Para Lembrar”.

O vindeiro xoves 23 de xaneiro ás 16:50 horas, os concellos do territorio promocionarán a súa marca nun dos principais encontros do sector turístico de Europa, co fin de ensinar ao público «todas as bondades que ten este territorio, ao que sempre queres volver» indican os representantes.

A campaña, que narra a través de imaxes, fotografías, debuxos e música todo o que podes atopar neste «destino único e inigualable» vén da man de varias personalidades ligadas a Galicia Suroeste.

Por unha banda, a música que acompaña a peza audiovisual conta coa participación dun músico local de recoñecemento internacional, quen adaptou unha peza musical da tradición galega. Dende a organzación indican que «a súa identidade será revelada próximamente».

A peza conta tamén coa participación dunha parella de artesáns da papelaría e o debuxo, que acompañan á xeración de recordos e a súa inmortalización a través da gabricación artesanal dun álbum.

Ademais, o propio día da presentación en FITUR, participará unha periodista recoñecida a nivel nacional e internacional, orixinaria do Baixo Miño e que, asegura, «garda grandes recordos da súa terra natal á que sempre intenta regresar ano tras ano».

Por outra banda, no acto intervirán a presidenta da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural e Alcaldesa de Tomiño, Sandra González e Luciano Otero, alcalde de Pazos de Borbén e recente representante institucional de Galicia Suroeste.

A maiores, acudirán numerosas autoridades, como as alcaldesas, alcaldes, concelleiros e concelleiras dos 14 municipios que conforman o xeodestino, que son A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui, así como representantes doutras institucións estatais, autonómicas e provinciais.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS