martes, noviembre 26, 2024
InicioNewsO PaísSerá o comité clínico quen decida a retirada da máscara nos coles

Será o comité clínico quen decida a retirada da máscara nos coles

A Xunta decide que sexan os expertos do comité clínico que asesora ao Goberno galego na pandemia a que decida sobre o uso ou non da máscara nos recreos dos centros educativos de Galicia. Feijóo acusa ao Goberno central de «contradición» e «falta de claridade» e delega a decisión nos expertos galegos.

O presidente da Xunta:

Ante a falla de claridade do Goberno central sobre o uso da máscara nos patios dos colexios, Feijóo asegura que serán os expertos do comité clínico os que terán a última palabra, xa que a norma aprobada no Consello de Ministros o pasado martes contradí os protocolos educativos actualmente en vigor en Galicia e no resto do sistema educativo español.

Feijóo di que hai «dúbidas» sobre a legalidade da decisión do Goberno de que os alumnos poidan retirar a máscara en patios de colexios, xa que entra en contradición co protocolo contra a pandemia de covid-19 no ámbito educativo, que o mesmo Goberno elaborou.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS