martes, noviembre 26, 2024
InicioComarcasO CondadoA Xunta lamenta a morte de "Cholo"

A Xunta lamenta a morte de «Cholo»

A administración autonómica expresa o pesar polo falecemento de Víctor Sobral e o recoñece como «alma mater da SD Ponteareas que dedicou toda a súa vida ao fútbol de Galicia».

 

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, manifestou o seu pésame  pola morte de Víctor ‘Cholo’ Sobral, “un home que dedicou toda a súa vida ao fútbol de Galicia”. Como xogador destacou no Celta,Pontevedra, Arousa, San Martín e Ponteareas e como adestrador deixou a súa pegada en Mondariz, As Neves e tamén Ponteareas. Nos seus últimos anos fundou e dirixiu, xunto aos seus fillos, a Sociedade Deportiva Xuvenil Ponteareas e hai apenas dous anos puxo en marcha a súa escola filial, así como un segundo equipo afeccionado. O mandatario galego enviou unha mensaxe de apoio a todos os equipos cos que estivo relacionado e,especialmente, a súa familia ponteareá.

«Cholo» faleceu este luns aos 66 anos de idade estaba casado, tiña dous fillos e dous netos, que o despediron na igrexa parroquial de San Miguel de Ponteareas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS