Ribadavia organiza unha festa coa que porá fin á iluminación do alumeado de Nadal proporcionado pola marca de bombóns ‘Ferrero Rocher’ tras gañar o concurso ‘Juntos Brillamos Más’ que organiza a firma cada ano.
A vila ourensá recibiu este Nadal a centos e centos de visitantes que se achegaban ao municipio co obxectivo de desfrutar dun paseo polas súas rúas alumedas, visitando desta forma tamén os seus comercios e locais de ocio.
Con tal motivo, o vindeiro domingo 26 de xaneiro o Concello de Ribadavia organiza un evento musical para «dicir adeus a esta campaña de Nadal que tantas alegrías truxo á vila» aseguran dende a institución local.
A partir das 19:00h, a Praza Maior de Ribadavia acollerá este evento no que actuará o Grupo Claxxon e porá fin, deste xeito, a estas datas festivas.