miércoles, noviembre 27, 2024
InicioNewsO PaísGalicia non retira a máscara no patio ata que o Goberno concrete

Galicia non retira a máscara no patio ata que o Goberno concrete

Nos colexios non sería obrigatoria a máscara no recreo desde este xoves se se puxese en práctica o acordado polo Consello de Ministros. Nembergantes, vai seguir sendoo  porque a Consellería de Educación négase a aplicalo ata que o Goberno o aclara, xa que sería unha contradición dos protocolos educativos vixentes.

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez:

Ao alumnado non se pode marear; hoxe máscara si, mañá non. Por iso a Consellería de Educación non lle transmitirá aos centros educativos de Galicia que os estudantes poden retirar a máscara no patio ata que o Goberno aclare se antes é necesario modificar os protocolos.

A Xunta opina que a norma estatal ten que especificar de forma concreta os casos e as condicións en que avoga por manter a máscara en exteriores, tanto en concertos, entradas e saídas de eventos, actividades deportivas e patios escolares, entre outros espazos abertos, independentemente do número de persoas que se concentren.

O Goberno galego aposta pola relaxación do uso da máscara en exteriores e considera que todas as comunidades autónomas deben ter as mesmas normas para non entraren en contradicións, e reclama un criterio claro e oficial a fin de adoptar as medidas oportunas en eventos próximos como o Entroido.

Entre as autonomías non hai unha postura común. Cataluña e outras rexións adoptaron este martes a decisión de acordo coa modificación do decreto por parte do Consello de Ministros. Pola contra, outras autonomías como Galicia expresan dúbidas de que a reforma legal sexa suficiente sen cambiar tamén o protocolo educativo vixente. Galicia, por exemplo, informara horas antes desta última comunicación de Sanidade de que, polo momento, as máscaras seguirán sendo obrigatorias nos patios.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS