viernes, enero 17, 2025
InicioNewsA terraPaz, natureza e turismo nas rutas dos bosques de Galicia

Paz, natureza e turismo nas rutas dos bosques de Galicia

Galicia é coñecida pola súa gastronomía e polo seu patrimonio cultural, pero sobre todo pola súa riqueza natural. Os seus prados verdes e os seus bosques acompañados dos ríos, entre outras cousas, representan unha paisaxe característica. Trátase dun tesouro natural no que é posible adentrase grazas a súa ampla oferta de rutas e sendeiros nos que os e as amantes da natureza poden desfrutar e relaxarse.

Deste xeito, existe unha variedade de rutas nas que se pode atopar bosques como As Fragas do Eume, un bosque atlántico único que foi declarado Reserva da Biosfera. Por todo isto, convírtese un refuxio de calma e beleza que se sitúa en Pontedeume, na Coruña, e que se mantén no tempo.

Turismo de Galicia

Na provincia de Ourense o Bidueiral de Montederramo, un espeso bosque na Serra de San Mamede onde o bidueiro, como o seu nome indica, é o verdadeiro protagonista. Unha ruta de senderismo homologada que se recomenda desfrutar no outono, cando as cores avermelladas e ocres tinguen as follas destas arbores.

Turismo de Galicia

Entre os e as amantes da natureza tamén existe a opción dos parques naturais como o Monte Aloia, que foi o primeiro parque natural de Galicia. Un lugar perfecto para gozar de vistas das Rías Baixas, nas que a paisaxe está rodeada de carballos e piñeiros. Por iso, é Patrimonio Natural que se compón de varias rutas entre as que se encontra a Senda Botánica. Sitúase no municipio de Tui, na provincia de Pontevedra.

Turismo de Galicia

Entre os mellores carreiros e rutas de Galicia atópase o Bosque da Fervenza, sito no concello de Corgo, en Lugo. Periódicamente, este bosque autóctono asolágase polo curso alto do Río do Miño e convértese nunha paisaxe singular debido as súas charcas, lagoas, e illas fluviais.

Turismo de Galicia
مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS