viernes, enero 10, 2025
InicioNewsComarcasA empresa encargada das luces do Nadal en Vigo apunta a un...

A empresa encargada das luces do Nadal en Vigo apunta a un acto de vandalismo no incendio de varios elementos decorativos

A empresa encargada do alumeado do Nadal en Vigo, Ximénez, indica que o incendio que se produciu en varios dos decorados que locían na cidade olívica ten que ver «cun acto vandálico«. Segundo explican a Si Radio, «trátase dun acto vandálico». Por este motivo, a empresa presentou unha denuncia.

Que ocorreu?

O 7 de xaneiro saltou aos medios de comunicación a noticia sobre que varios elementos decorativos da cidade de Vigo tiveron que ser precintados debidos a un conato de incendio. Estos elementos atopábanse en pleno centro, na rúa Elduayen.

Nese momento, apuntouse a un cortocircuito como posible causa do incendio. Con todo, fontes da empresa aseguran que se tratou dun incendio provocado polo que presentaron unha denuncia diante deste feito.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS