viernes, enero 10, 2025
InicioNewsComarcasNova estación depuradora en Salvaterra para mellorar o servizo de saneamento

Nova estación depuradora en Salvaterra para mellorar o servizo de saneamento

A Xunta de Galicia vén de adxudicar por máis de 2 millóns de euros a construción dunha nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) co obxectivo de mellorar o servizo de saneamento no Concello de Salvaterra de Miño.

Durante unha visita á contorna na que se localizará a nova instalación hidráulica, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, explicou que, unha vez adxudicado o contrato de construción, a previsión é que as obras comecen antes de que remate o primeiro trimestre deste ano co obxectivo de que estean rematadas a finais de 2025. 

Logo de indicar que esta actuación está financiada pola Xunta e o Concello e conta tamén con conta con fondos da Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), a conselleira engadiu que a futura instalación hidráulica, que se construirá na conca do río Mendo, está deseñada para dar servizo aos 2.310 habitantes esperados no horizonte do ano 2040 en sete parroquias do concello -Leirado, Soutolobre, Corzáns, Fiolledo, Oleiros, Meder e Salvaterra-. 

A nova EDAR, que está formulada para un caudal punta de 118,08 m3/h, integrará os procesos de pretratamento, by-pass xeral, bombeo e medida de auga bruta, medida da auga a tratar mediante caudalímetro electromagnético, decantación primaria e reactor biolóxico mediante biodiscos.

Ademais da nova estación depuradora, os traballos comprenden tamén outras actuacións como a construción dun colector de conexión á rede da parroquia de Oleiros, un pozo de bombeo ou un colector-emisario para o vertido do efluente xa depurado ao río Miño.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS