A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) non se opón á reducción da xornada laboral que plantea a Ministra de Traballo, a galega Yolanda Díaz, pero «hai que poñer medidas enriba da mesa«. De igual xeito, piden «diálogo, para ver como se aplicaría aos distintos sectores».
Así o vén de explicar nos micrófonos de Si Radio o pesidente de CEG Juan Vieites, quen indica, ademais, que «neste 2025 enfróntamonos a retos no eido empresarial como o alivio da carga fiscal, a descentralización de fondos europeos ou a escaseza de persoas traballadoras».
Podes escoitar a entrevista completa aquí: