viernes, enero 10, 2025
InicioNewsActualidadeO IFEVI acollerá a máis de 1200 rondalleiros da área de Vigo

O IFEVI acollerá a máis de 1200 rondalleiros da área de Vigo

O Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) será o encargado de acoller a VII Edición do Concurso de Rondallas organizado pola Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo co apoio da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra.

O evento, no que participarán máis de 1200 rondalleiros e rondalleiras, terá lugar o sábado 18 de xaneiro e dará comezo ás 17:00h. En total serán 14 as agrupacións da zona sur de Pontevedra as encargadas de amenizar a xornada.

As rondallas participantes, por orde de actuación, son:

  • Rondalla da A.V.C.R San Mamede de Zamáns
  • Rondalla Círculo Recreativo e Cultural de Torroso
  • Rondalla C.S.C.R de Beade
  • Asociación Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro
  • Asociación Cultural Musical Rondalla de Pontellas
  • Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios
  • Rondalla Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos
  • Rondalla do Centro Cultural Recreativo e Deportivo Helios de Benvibre
  • Rondalla Nosa Merced de Chaín
  • Rondalla Asociación Cultural e Social de Herville
  • Asociación Club Rondalla Santiaguiño de Guizán
  • Rondalla C.C.A.R de Valladares
  • Rondalla Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios
  • Rondalla Santiago de Parada

Cada rondalla contará cun tempo máximo de actuación de 12 minutos no que poderán mostrar o traballo feito tanto a nivel musical como a nivel de coreografía e movemento en pista.

O evento concurso contará con dous grupos de xurado, un deles que avaliará o traballo realizado pola formación da rondalla en sí e o outro grupo avaliará tan só o traballo realizado polo conxunto de abandeirados que acompañan a rondalla durante a súa actuación.

Os membros do xurado serán persoas do mundo da música e das rondallas. Serán quén de avaliar as distintas agrupacións e despois darán o seu veredicto que se fará público no mesmo acto ao final do evento.

As tres primeiras clasificadas, en ambas categorías do concurso, recibirán un premio económico e a cuarta a quinta clasificada recibirán unha mención especial.

As entradas están á venda a un prezo de 3 euros e poden ser adquiridas a través das rondallas participantes ou na billeteira do IFEVI no propio día do evento, así como nos seguintes puntos de venda:

  • Librería Tecnic de Vigo
  • Centro Cultural CSCR Helios en Benbrive
  • Centro Cultural CSCR de Beade
  • Cafetería da AAVCR de Zamáns
  • Centro Cultural de Valladares
  • Gabinete de alcaldía do Concello do Porriño
  • Centro Cultural de Os Penediños de ATios
  • Centro Cultural C.C. de Pontellas
  • Librería Copi-rey de Porriño
  • Bocatería Lalos de Nigrán
  • No Centro Comercial Nasas de Nigrán
  • C.C.R Parada do Miñor en Nigrán
  • Concello de Mos
  • Asociación Cultural Santa Eulalia de Mos
  • Centro Cultural de Guizán
  • Asador Edan en Peinador
  • Centro dotacional de Torroso
  • Asociación Cultural de Herville
  • Centro Cultural Galiñeiro de Vincios


مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS