Sobre as 17:50 horas, o 112 Galicia comezou a recibir chamadas alertando sobre un incendio nun garaxe na localidade de Tui, no Baixo Miño. Segundo informan desde Emerxencias, o lume localízase nun punto de difícil acceso polo que os labores de extinción se están dificultando. Ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Ponteareas, O Porriño, Morrazo e, tamén, se deu aviso aos efectivos de Valença do Minho.
O garaxe afectado polo incendio pertence á rúa Mondoñedo. Con todo, o fume tamén saiu pola rúa Ourense. Precisamente, o fume que se desprendou do lugar alertou aos veciños e as veciñas. Arestora, os efectivos continúan no lugar, intentando sufocar o lume.