jueves, enero 9, 2025
InicioNewsActualidadeNova convocatoria de axudas para reducir a factura eléctrica das empresas galegas

Nova convocatoria de axudas para reducir a factura eléctrica das empresas galegas

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, anunciou hoxe unha nova convocatoria de axudas por importe de 7,5 millóns de euros para promover o aforro de enerxía e que “permitirá reducir 4,5 millóns na factura eléctrica das empresas galegas e das persoas autónomas”, subliñou.

Segundo avanzou, a convocatoria de apoios que se publicará mañá no Diario Oficial de Galicia (DOG) e que se poderán solicitar a partir do venres da vindeira semana, “apoiará proxectos conxuntos que melloren a eficiencia nas edificacións” polo que animou a todos os empresarios e autónomos que precisen calquera tipo de reforma no ámbito da eficiencia enerxética “a que presenten a súa solicitude”.

Esta convocatoria ten como novidade que se amplía o prazo de presentación de solicitudes de dous a oito meses e que incorpora a posibilidade de subvencionar instalacións novas e aquelas actuacións que promovan un Certificado de Aforro Enerxético. O Goberno galego, vén convocando desde hai 11 anos esta liña de axudas, cun orzamento de case 56 millóns de euros e 1.640 proxectos aprobados.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS