viernes, enero 10, 2025
InicioNewsActualidadeDeporte, música e teatro para gozar desta fin de semana nas comarcas

Deporte, música e teatro para gozar desta fin de semana nas comarcas

Sábado 11 de xaneiro

A Eurocidade Cerveira-Tomiño organiza a ‘Corrida de Reis-Troféu Ponte da Amizade‘, unha proba de atletismo de 10 quilómetros destinada a atletas federados e non federados maiores de idade.

A saída será ás 20:00h da Praza do Seixo en Tomiño con meta na Praza da Liberdade en Vilanova de Cerveira.

Ponteareas acollerá o Campionato Galego de Natación no Complexo Deportivo Álvaro Pino.

O evento terá lugar durante as xornadas do sábado 11 e o domingo 12 de xaneiro.

A Praza de Abastos de Mondariz Balenario acolle este sábado un mercado onde haberá produtos da terra e de proximidade.

A xornada descorrerá entre as 10:00h e as 14:00 horas.

Este sábado comeza o XI Ciclo de Teatro de Chapela, en Redondela.

Ás 20:00h no Multiusos de Chapela, o grupo de teatro Agarimo presentará a obra «Un funeral para morrer coa risa». A entrada é de balde.

O C.S O Matadoiro de Salceda de Caselas organiza unha «Festa Hortera«.

O evento, con entrada de balde, terá lugar no ‘Centro Social O Matadoiro’ ás 21:00h.

Tamén en Salceda, terá lugar unha xornada de «Baños de Monte» co fin de erradicar plantas invasoras organizada polas Comunidades de Montes Veciñais en man común.

A xornada será impartida pola Garda Forestal e a saída partirá do Centro Cultural de San Xurxo.

O Rosal inaugura a mostra artística ‘Voces e Raíces‘ posta en marcha por tres estudantes de Belas Artes.

A exposición pode visitarse no Salón de Exposicións do Concello do Rosal en horario de 11:00h a 14:00h e de 16:30h a 20:00h.

Domingo 12 de xaneiro

O Concello da Guarda pecha a súa programación de Nadal co concerto de fado da artista María do Ceo.

O evento terá lugar na igrexa parroquial ás 20:00h.

Porriño festexará o seu Certame de Rondallas este domingo 12 de xaneiro.

O evento dará comezo ás 17:00h cun pasarrúas polo centro urbano, sempre e cando a climatoloxía o permita, e continuará co Certame no Pavillón Municipal ás 17:30 horas.

 A Asociación Xuvenil «Nós Somos Nós» ten preparada para este domingo unha BTT, un Trail e unha andaina. Todas as probas son solidarias coa colaboración de Bicos de Papel.

Para máis información, visitar a web do Carnaval Castro Barreiro.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS