Galicia ten nos seus hospitais 704 persoas diagnosticadas de coronavirus: 663, nos hospitais e 41 na UCI. O total de casos activos baixa a 60.700 aínda que o número de contaxios diarios ascendeu lixeiramente na última xornada con 4.500 novos positivos diagnosticados.
Unha barreira que non queriamos superar pero que xa superamos, a dos 700 ingresos hospitalarios por coronavirus.
Os casos activos seguen diminuíndo (-2.147) e xa están polos 60.000. En total, hai 60.720 persoas con coronavirus en Galicia.
Pola súa parte, os contaxios diarios soben lixeiramente con respecto ao día anterior e rexístranse 4.577 nas últimas 24 horas.
Todas as áreas sanitarias baixaron os seus casos activos:
A Coruña: 13.323 (-527)
Vigo: 15.661 (-709)
Ourense: 6.129 (-142)
Santiago: 9.703 (-284)
Lugo: 6.205 (-189)
Pontevedra: 6.785 (-197)
Ferrol: 2.914 (-99)
Nos hospitais houbo 21 ingresos máis en planta, aínda que restáronse 3 nas UCI. En total, hai 704 persoas hospitalizadas, 663 en planta e 41 nas UCI.
As mortes tampouco se deteñen. O Sergas notificou 7 decesos por mor da covid, que alzan a cifra a 2.939 falecementos desde o inicio da pandemia.