A Policía Nacional e a Policía Local de Vigo establece un dispositivo de procura para tratar de localizar aos autores dunha brutal malleira a dous mozos de 20 e 21 anos en Vigo.
Os feitos ocorreron sobre as 5 da madrugada deste domingo 30 de xaneiro na confluencia entre a rúa María Berdiales e Hernán Cortés da cidade olívica. Aínda se descoñece o motivo da disputa.
Cando os axentes chegaron alí tras un aviso, atopáronse coas vítimas da agresión: un deles coa cara ensanguentada e o outro en estado seminconsciente. Ambos tiveron que ser trasladados ao hospital Álvaro Cunqueiro.
Pola súa banda, os agresores fuxiran á carreira, non sen antes ser gravados por testemuñas que estaban na zona. A pesar de que a vida dos mozos non corre perigo, os axentes analizan esas imaxes tomadas por veciños para identificarlles e localizarlles.