En Galicia hai 686 persoas hospitalizadas diagnosticadas de coronavirus, logo de que na fin de semana ingresaran 25 máis. Os casos activos continúan baixando ao descender os contaxios diarioas estando por baixo dos 63.000 casos neste remate de xaneiro.
Arestora en Galicia hai 62.867 persoas con coronavirus.
Na última xornada rexistráronse 4.246 novos contaxios; unha cifra lixeiramente inferior á da xornada anterior.
A repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:
Baixan os casos nas áreas de Vigo, A Coruña, Lugo e Ferrol:
A Coruña: 13.850 (-515)
Vigo: 18.057 (-804)
Ourense: 6.271 (+311)
Santiago: 9.987 (+441)
Lugo: 6.394 (-297)
Pontevedra: 6.982 (+342)
Ferrol: 3.013 (-54)
Nos hospitais os ingresos incrementáronse en 25 persoas máis en planta e 3 máis na UCI elevándose a 686 o número total de ingresados con COVID. Nos hospitais galegos hai arestora 642 positivos en planta e 44 en unidades de coidados intensivos.
O Sergas notificou 8novos decesos por mor da covid, que alzan a cifra a 2.932 falecementos desde o inicio da pandemia.