A corporación municipal, empleados do Concello así como veciños e veciñas gardaron un minuto de silencio polo falecemento da ex rexedora do municipio.
Os concelleiros e as concellerias de todos os grupos políticos do Concello do Porriño xunto con funcionarios, Policía Local e Garda Civil renderon este venres homenaxe a ex alcaldesa do municipio, Eva García de la Torre. A que foi rexedora durante seis anos da vila do Louro faleceu a primeira hora da tarde do xoves por mor dun infarto con 59 anos de idade.
A localidade estará de loito durante tres días, con bandeiras a media hasta, tal e como se acordou no pleno urxente que convocou o alcalde Alejandro Lorenzo.