domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísGalicia detecta 6.000 positivos a un día de suspender limitacións

Galicia detecta 6.000 positivos a un día de suspender limitacións

Os casos activos seguen aumentando en Galicia, acadando a cifra de 68.419 persoas contaxiadas, ao diagnosticarse máis de 6.000 novos casos na última xornada. Acontece a só un día de que se levanten restricións na hostalería, volva o ocio nocturno ata as 5.00 horas e volvan os concertos de pé.

A pesar das altas médicas dadas, Galicia suma nesta xornada  2.055 positivos máis ao detectarse máis novos positivos que o día anterior; un total de 6.362 novos positivos nas últimas 24 horas.

Todas as áreas sanitarias volven subir os seus positivos:

Vigo: 18.057 (+744)

A Coruña: 14.706 (+304)

Santiago: 10.754 (+465)

Pontevedra: 7.729 (+102)

Ourense: 6.986 (+173)

Lugo: 6.927 (+217)

Ferrol: 3.260 (+50)

A parte boa está nos hospitais, onde baixou o número de persoas ingresadas. Hai 6410 hospitalizados: 44 en UCI (-4) e 596 (-1) en planta.

Os decesos non cesan. O Sergas notificou oito decesos máis por mor da covid, que alzan a cifra a 2.910 falecementos desde o inicio da pandemia.

Novidades desde este sábado, 29 de xaneiro:

-As discotecas poden abrir ata as 5.00 horas a fin de semana.

-Pódese consumir en barra.

-Volven os concertos e espectáculos con público de pé con máscara.

-Liberdade de mobilidade de 3 a 6 da madrugada con non conviventes.

-En mesa na hostalería: máximo de 8 en interior e de 15 en exterior.

-Seguirá esixíndose o certificado COVID.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS