lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasLouriñaFalece dun infarto a exalcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre

Falece dun infarto a exalcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre

A exalcaldesa do Porriño, a socialista Eva García de la Torre, faleceu á primeira hora desta tarde a consecuencia dun infarto.

Segundo fontes consultadas por Si Radio, Eva García foi trasladada en ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro logo de sentirse indisposta no despacho do seu propio bufete de avogados. A exrexedora entrou en urxencias en parada cardiorrespiratoria e xa non se puido facer nada por salvarlle a vida.

García de la Torre, que dimitiu o pasado mes de decembro para evitar unha moción de censura, estivo esta mesma mañá no Concello do Porriño, onde se reuniu co novo alcalde, o popular Alejandro Lorenzo.

Eva García foi a primeira alcaldesa de Porriño en democracia. Ostentou a Alcaldía desde 2015 ata decembro de 2021. Actualmente continuaba como concelleira e portavoz do PSdeG-POSE no Concello do Porriño.

O seu sucesor, Alejandro Lorenzo, xa convocou un pleno extraordinario para decretar tres días de loito oficial no Concello. «O alcalde, Alejandro Lorenzo, en nome de toda corporación local trasmite a inmensa dor e respecto polo inesperado pasamento da ex alcaldesa, Eva García de la Torre. As nosas máis sentidas condolencias á familia», publicou o Concello nas súas redes sociais.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS