A Consellería de Sanidade reforzará a Atención primaria coa contratación de 150 médicos, en formación, sen especialización, que exercerán de técnicos de saúde. Anunciouno hoxe no Parlamento o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.
A incorporación será no mes de febreiro. O Conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña anunciou que eses 150 médicos se inscribiron nas listas de contratación como técnico de saúde para xesionar a sobredemanda da COVID-19 e permitir que os médicos de familia se ocupen da actividade normal nos centros de saúde.
Comesaña deu o dato de que o 90 por cento dos profesionailse que se forman en Galicia quendan no sistema pero non na atención primaira.
O portavoz de Sanidade do grupo socialista, Julio Torrado indicaba que a atención primaria ten un problema de modelo e acusou o goberno da Xunta de non ter contratado, no seu día, a 151 médicos. Monste Prado, portavoz do BNG falaba de descordinación na xestión desta sexta onda.
A primeira sesión trouxo tamén a reordenación dos escanos dos deputados do Partido Socialista de Galicia tras o nomeamento deLuis Alvrez como portavoz en sustitución de Gonzalo Caballero. Ademáis catro deputados-dous do BNG, un do PPdG e outro do PSdeG-acolleronse o protocolo covid e delegaron o seu voto nos portavoces parlamentarios do seu grupo. Entre eles o ex portavoz socialista Gonzalo Caballero.