Galicia presentouse en FITUR como destino de referencia internacional este 2022 co Camiño de Santiago como eixo central e repleta de propostas seguras e de calidade para todos os que a escollan.
O Camiño volve ser o mellor antídoto contra a tebra da pandemia así o dixo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na presentación de Galicia, hoxe en FITUR, a Feira Internacional de Turismo en Galicia.
Feijóo fixo unha invitación formal a visitar esta terra: «Sempre é un bo momento para visitar Galicia e sempre hai un sitio para quen desexe coñecela»
Dixo que Camiñar a Galicia é facelo cara a un destino de calidade inigualable, marcado por escenarios excepcionais, pola cultura, a gastronomía e a hospitalidade, como exemplifican os 328 establecementos coa Q de calidade turística cos que conta
Feijóo lembrou na súa interveción que o Goberno galego adaptou os albergues, os locais e as rutas xacobeas á nova situación sanitaria; formou ao persoal; inxectou máis de 120 millóns ao sector hostaleiro; e implantou un seguro coronavirus para dar confianza ao viaxeiro
A demanda turística en Galicia medrou en 2021 ata 25 puntos máis que a media de España.