martes, noviembre 26, 2024
InicioNewsO PaísA franxa de 20 a 29 anos recibirá a terceira dose para...

A franxa de 20 a 29 anos recibirá a terceira dose para a semana

Galicia vacina desde este mércores as galegas e galegos de 39 a 30 anos e así seguirá toda a semana. E para a vindeira semana xa ten en previsión inocular a dose de reforzo á seguinte década, de 29 a 20 anos.

Máis de 300.000 galegos e galegas de 39 a 30 anos reciben desde hoxe a terceira dose da vacina contra a COVID-19.  Máis dun 86% teñen xa a pauta completa e están sendo chamados agora para reforzar a inmunidade.

Calcúlase que a administración das doses de reforzo a este grupo de idade estará rematada o próximo luns.

A Consellería de Sanidade empezou a citar os mozos de 20 a 29 anos para recibir a terceira dose da vacina contra o coronavirus. O proceso de inmunización para esta franxa de idade comezará o vindeiro luns 24 e estenderase ao longo da semana.

Con todo, os recintos de vacinación seguen abertos tamén para todos os que por calquera razón están pendentes de completar as pautas.

Un a un van sumando e Galicia achégase ao 95% en doses de reforzo para maiores de 60. Supera o 90% no grupo de entre 50 e 59 anos e o 80% en maiores nos de entre 40 e 49.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS