martes, diciembre 24, 2024
InicioNewsO PaísGalicia incentiva o emprego da Intelixencia Artificial nas empresas

Galicia incentiva o emprego da Intelixencia Artificial nas empresas

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, avanzou que o vindeiro Consello da Xunta aprobará a primeira convocatoria de axudas en Galicia para promover o uso da Intelixencia Artificial nas empresas.

Nunha visita ás instalacións de Pontevedresa Group, Lorenzana informou de que se trata dunha liña de apoios por valor de 10,3 M€ que implica, «apostar por que as pequenas e medianas empresas non tecnolóxicas poidan contratar servizos doutras compañías que incorporen a intelixencia artificial nos seus procesos produtivos e que, polo tanto, melloren na súa eficiencia e competitividade», explicou.

A conselleira, que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, lembrou que, «por primeira vez, o Instituto Económico de Galicia (Igape) conta cunha área específica de innovación empresarial, que vai manexar un investimento de 60 M€ e desde a que se vai xestionar esta liña nova liña de apoios».

Con 65 anos de traxectoria, Pontevedresa Group é na actualidade o fabricante independente máis antigo de España no sector nacional do vidro, líder en todo o sur de Europa na fabricación de vidro tépedo ultra lixeiro de alta resistencia, baixo espesor e gran formato.

“É un orgullo enorme ter empresas familiares en Galicia como esta: máis de 60 anos de tradición familiar, de esforzo, de talento e de intelixencia para converterse nunha fábrica que é líder no sur de Europa no tipo de vidro que fabrica, provedora de moitos sectores industriais”, dixo. “Vidro fabricado en Galicia para o mundo”, enfatizou.

Lorenzana apuntou que a empresa acumula nos últimos anos un gran esforzo investidor tanto nesta planta –o primeiro proxecto singular declarado pola Xunta que se implantou no polígono da Reigosa–, como na que posúe no parque empresarial do Campiño (Pontevedra).

Todo isto fai de Pontevedresa Group o maior investidor industrial e empregador do sector do vidro en Galicia, cun récord de máis de 100 empregos directos, que representa un incremento do 70 por cento desde antes da pandemia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS