martes, diciembre 24, 2024
InicioNewsO PaísMedio Rural participa nun proxecto Europeo sobre incendios forestais extremos

Medio Rural participa nun proxecto Europeo sobre incendios forestais extremos

A Consellería do Medio Rural forma parte do Proxecto Europeo Fire-Res sobre incendios forestais extremos no que participa persoal do dispositivo de loita contra os lumes, concretamente bombeiros forestais do Centro Integral de Loita contra o Lume de Toén, situado na provincia de Ourense.

O proxecto Fire-Res (Solucións innovadoras para territorios resilientes aos incendios), iniciado no 2021 e que rematará no vindeiro 2025, conta con 35 socios de pleno dereito, entre os que se atopa a Xunta de Galicia a través da Consellería do Medio Rural, e que representan a 12 países da Unión Europea xunto con Chile. Todos eles traballan a prol da ameaza que supón a nova tipoloxía dos incendios forestais cun proxecto no que resalta a importancia da I+D+i.

O obxectivo desta iniciativa é acadar unha estratexia holística e integrada de xestión de incendios para abordar de maneira eficiente e eficaz os eventos extremos de incendios forestais en Europa a través de 11 living-labs, grazas ás súas accións de innovación.

En Galicia, desenvólvese o chamado living-lab Atlántico e nel trabállase no deseño e experimentación con medidas de protección dos núcleos rurais ante as emerxencias derivadas dos incendios forestais extremos, para tentar crear un modelo de aldea segura. Estes living-labs estanse a levar a cabo dentro de España noutros territorios como Cataluña e as Illas Canarias, pero tamén se suman outros países do sur europeo como Portugal ou Grecia, e do norte, como Noruega ou Alemaña.

III Congreso Interlumes

O proxecto Fire-Res tivo protagonismo dentro do III Congreso Internacional de Incendios Forestais Interlumes, celebrado os días 17 e 18 de decembro na Academia Galega de Seguridade Pública da Estrada, coas intervencións de David Caballero, enxeñeiro de montes responsable da área de incendios de Meteogrid; Sergio Giácomo Pirone, comandante de Operacións Terrestres, xeneral de brigada e director do Centro de Formación Avanzada de Protección Civil e Incendios Forestais de Montaña en Piamonte (Italia); e representantes do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF).

Isto permitiu aos asistentes analizar a problemática interfaz que supón esta nova ameza no relativo aos incendios forestais, non só para os bens materiais, senón tamén para as persoas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS