A maxia do Nadal chegou ás comarcas este fin de semana a través da Lotería. E é que administracións do Porriño, Nigrán, Salceda de Caselas, Tomiño e Vigo venderon boletos do terceiro, cuarto e quinto premios cos números 11.840, 77.768 e 11.840 que se distribuiron por diferentes localidades do territorio español como Valencia, Zamora ou Madrid, entre outras,
É o caso da xa coñecida X de la Suerte do Porriño ou da adminsitración que se localiza na Porta do Sol en Vigo así como a que rexenta Manuel Lemos na Ramallosa, en Nigrán. Tamén a administración da Lotería que se localiza na Avenida de Galicia en Salceda de Caselas vendeu décimos co número correspondente ao quinto premio ao igual que a da Rúa Gondomar de Tomiño.
En canto ao gordo da Lotería do Nadal deste 2024, correspondente ao número 72480, os boletos vendéronse integramente nunha administraicón localizada en Logroño, na Rioxa.