sábado, diciembre 21, 2024
InicioNewsComarcasAlegan contra o aumento de impostos en Ponteareas e poñen en marcha...

Alegan contra o aumento de impostos en Ponteareas e poñen en marcha unha «campaña informativa»

O BNG presentará alegacións «para tentar evitar a suba de impostos decidida polo goberno local de Ponteareas, que suporá o aumento dun 25% no Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) e dun 85% na taxa do lixo«. Así o aseguran nun comunicado no que indican que poñen en marcha unha campaña informativa na que se explica a «comerciantes e negocios locais a repercusión económica do aumento e anima a presentar alegacións para tentar deter esta navallada coa que o goberno de Nava Castro e a dereita pretenden saquear á veciñanza».

As alegacións que propón o BNG consisten en que «se adapte o sistema tarifario ao principio de quen contamina paga, diferenciando as tarifas segundo o número de residentes das vivendas, a superficie ou a xeración real de residuos» e apostan por «promover políticas activdas de redución de residuos, reciclaxe e economía circular como mecanismos efectivos para conter o custo do servizo de tratamento de residuos e explorar alternativas e medidas compensatorias que permitan evitar o traslado directo da suba do canon de SOGAMA á cidadanía, garantindo unha xestión fiscal máis xusta e equitativa».

Aumento do 85%

No comunicado, a fronte nacionalista de Ponteareas indican que «a suba do 85% na taxa do lixo imposta polo goberno de Nava Castro e a dereita suporá o aumento de 70 euros nas vivendas do centro urbano, 40 euros no rural e aumentos que superan os 300 euros no caso de determinados establecementos e negocios, que sumando ao aumento do 25% do IBI convértese nun golpe que porá nas cordas a moitos pequenos comerciantes da vila».


مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS